Xa sabedes que o próximo club vai ser virtual e co IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes!
Imos ler este libro que é adictivo.
Lembrade pasar polo padlet para deixar a vosa impresión!
Xa sabedes que o próximo club vai ser virtual e co IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes!
Imos ler este libro que é adictivo.
Lembrade pasar polo padlet para deixar a vosa impresión!
Ola a tod@s!
O 2 de novembro reunímonos por primeira vez este curso para falar de grandes lecturas, esta vez baixo o tema dos conflitos bélicos. Esta cita tivo lugar na semana do Halloween, así que tivemos chocolatada con bica e cañas naviegas. Aquí podedes ver o Padlet coas nosas fantásticas lecturas.
Boas a tod@s!
Tardamos un pouco en chegar pero chegamos!
O 23 de febreiro reunímonos unha vez máis para falar de grandes lecturas, esta vez baixo o tema da familia. Esta cita tivo lugar na semana do Entroido e dado que en Navia nos tomamos moi en serio os mandados do Meco, poderedes apreciar uns grandísimos estilismos nas fotos 😂. Aquí podedes ver o Padlet coas nosas fasntásticas lecturas.
Facemos unha paréntese no noso Blog do Club para facer unha recomendación moi especia: o blog Mulleres Históricas, que chega da man da nosa compañeira Laura, profesora de xeografía e historia xunto co alumnado de 4º da ESO. Nel aparecen unha seie de mulleres que deixaron pegada na historia. Algunha idea de quen pode aparecer..?
Botádelle un ollo porque engancha! E mesmo podedes levar unha sorpresa 😉
Vémonos na rede!!
Esta semana estamos realizando a ruta violeta dos QR polo centro. Seguro que aprenderemos un montón sobre todas estas mulleres marabillosas que moitas veces foron esquecidas pola historia ou infravaloradas.
Nos seguintes enlaces podemos atopar varias actividades relacionadas co 8M realizadas polas profesoras: Rosalía, Elvira e Isa. Gozade e aprendede! É unha boa ocasión para investigar as cousas que non sabemos!
Isabel Zendal sónache? Pois tes un kahoot que che vai axudar a coñecela!
Concepción Arenal era... Aquí tes o seu kahoot para demostrar que a coñeces!
E para demostrar que o 8M non ten secretos para ti tes tres opcións máis!
un wordwall, un kahoot ou un genially
con cal te animas?
Unha vez máis reunímonos na aula do club de lectura para celebrar a nosa segunda reunión baixo a temática “Thriller”. As propostas foron moi variadas, tal e como se pode apreciar no noso fantástico Padlet de Thriller.
Teño que dicir que xa se aprecia unha soltura e comodidade nos participantes con respecto da primeira xuntanza; todos sabemos que non é doado falar diante dun público, aínda que ese público sexan compañeir@s de clase e profesor@s, pero “practice makes perfect”, e pasado o susto inicial, todos fixemos achegas da temática mesturadas coas valoracións e coas correspondentes recomendacións.
Fixemos un interesantísimo percorrido polo mundo, dende as montañas luguesas con Pel de lobo ata Bartonville, unha vila rural en Illinois con La hermana ausente, facendo innumerables escalas, eso si. Non deixes de revisar o noso Padlet para viaxar connosco!!
Por último, solo me queda recordar o tema da próxima reunión: A FAMILIA, que terá lugar o mércores 23 de febreiro.
Deica logo!!