sábado, 11 de decembro de 2021

Padelt de novembro/decembro

Finalmente o club de novembro pasa a ser tamén o de decembro. Un tema tan amplo e complicado como é a muller necesita do seu tempo. 

Velaquí algunhas das aportacións do Padlet 




 

Palabras maiores

Este martes, 7 de decembro, a pesar do temporal, pasamos un día moi emotivo rodeado de xente naviega chea de boas vibracións. Grazas Manuel e Ana Cadenas Pérez por achegarnos un anaquiño de historia e moitas lembranzas que seguro non esqueceremos. Grazas as voluntarias da biblioteca que montaron unha cafetería con ambiente de nadal para os nosos maiores e axudaron a servirlles un pequeno almorzo. E finalmente un super GRAZAS a Pepín, Rosario, Don Fernando, Gloria, Celia, Olimpia e Petronila. Grazas por subir esas escaleiras que non paran nunca, grazas por mirar con amor o colexio e descubrir as aulas de hoxe con mirada de nenas e nenos, grazas por compartir o voso amor as nenas e nenos e rebuscar historias esquecidas, algunhas agradables e outras non tanto. Grazas por permitir coñecervos un pouquiño. Moita sorte ten Navia de ter uns maiores tan encantadores.


 









domingo, 7 de novembro de 2021

Selección de contos de medo do mundo

Este ano fixemos unha selección de contos de medo do mundo enteiro. Algúns quedaron tal cal, outros foron mellorados polo alumnado... Si queredes coñecelos, pinchades nas localizacións e xa vos aparece o conto! 


mércores, 3 de novembro de 2021

3 de novembro Día do lector

Día do Lector, unha efeméride que se celebra cada 3 de novembro coincidindo coa data de nacemento do autor.        

  Texto de Daniel Pennac 

Ilustracións de Quentin Blake 

Tradución IES As Mariñas

martes, 2 de novembro de 2021