venres, 13 de outubro de 2017
xoves, 18 de xuño de 2015
ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA FOLLAS BRAVAS DO CURSO 2014-2015
VALORACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA
VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DOS LIBROS QUE MÁIS
GUSTARON
LECTURAS QUE MÁIS GUSTARON
1º CICLO DA ESO
- CHAMÁDEME SIMBAD, de Francisco Castro
- O VELENO DA RISA, de Jaureguizar
- OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA, de Anxo Fariña
- E XOEL APRENDEU A VOAR, de Marica Campo
- EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA, de Jordi Sierra i Fabra
2º CICLO DA ESO
- REBELDES, de Susan E. Hinton
- REO, de Xesús Fraga
- Á LUS DO CANDIL, de Ánxel Fole
- A PRAIA DOS AFOGADOS, de Domingo Villar
- CONFUSIÓN E MORTE DE MARÍA BALTEIRA, de Marica Campo
venres, 12 de xuño de 2015
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA (XUÑO)
2º CICLO ESO
A PRAIA DOS AFOGADOS, de Domingo Villar
ACTIVIDADES
2º CICLO ESO
A PRAIA DOS AFOGADOS, de Domingo Villar
ACTIVIDADES
Comentarios e análises sobre o contido do libro de
lectura.
- RELACIONAR
Hai que relacionar personaxes da novela cos trazos ou
características que os identifican.
- ORDENAR CRONOLOXICAMENTE
Nesta actividade hai que ordenar de forma cronolóxica
unha serie de acontecementos que teñen lugar nesta obra.
- LOCALIZAR
Sobre un mapa da Galicia atlántica, o alumnado ten que
situar as localidades polas que se moven os protagonistas da novela, contando o
que sucede en cada unha delas.
OPINAMOS
Este libro gustoume por como mestura a intriga, o misterio e un chisco de humor. Do mesmo modo, tamén me agradou a forma en que fai que teñas as túas conxecturas e como, de súpeto, a persoa sospeitosa deixa de selo, o que te obriga a seguir coa intriga da lectura. A parte que me gustou especialmente foi o final do libro porque cada vez estabas máis preto de saber quen fora o asasino. Pola contra, non gocei moito no capítulo en que navega con Trabazo. O autor debería desenvolver un pouco máis algúns aspectos que teñen que ver coa vila para saber algo máis dos seus habitantes. Polo demais coido que todas as partes da novela son imprescindibles para a comprensión da mesma. En canto aos personaxes, gustaríame que o autor desenvolvese un pouco máis a figura de Rafael Estévez, xa que ten unha personalidade e un carácter moi particular.
Recomendaría este libro a outras persoas porque, dende o meu punto de vista, é entretido e engancha dende a primeira páxina ata a última, e tamén por ese valor que lle dá ás liortas entre veciños que todos coñecemos.
Aínda que xa lin deste autor outra novela titulada Ollos de auga, non me importa ler máis obras súas.
Ana María Gómez Sánchez
martes, 9 de xuño de 2015
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA (XUÑO)
1º CICLO ESO
CHAMÁDEME SIMBAD, de Francisco Castro
ACTIVIDADES
Comentarios e análises sobre o contido do libro de lectura.
1º CICLO ESO
CHAMÁDEME SIMBAD, de Francisco Castro
ACTIVIDADES
Comentarios e análises sobre o contido do libro de lectura.
- SOPA DE LETRAS
- ORDENAR DE FORMA CRONOLÓXICA
OPINAMOS
O libro non me gustou moito porque, ademais de curto, pareceume unha lectura moi sinxela, seguramente lle guste a xente máis nova. cambiaría bastantes cousas do libro, pero, sobre todo, alongaría a historia.
María Jesús Gómez Sánchez
Este libro gusotume moito porque fala do alzhéimer e dá a coñecer esta enfermidade. agradoume especialmente a parte na que se reencontran Paulo e o seu avó.
Miguel Delpueblo López
O libro gustoume desde os primeiros capítulos, cando o pai sempre está ao teléfono e o seu fillo lle di que xa ten a orella vermella de tanto falar. Ademais, no libro fálase da relación que manteñen Paulo e o seu avó enfermo de alzhéimer.
Álvaro Fernández Lorido
Gustoume moito este libro. A pesar de que trata dunha enfermidade moi complicada, hai partes que resultan divertidas.
Ilyasse Lefsahi
Pareceume un libro interesante e recomendable porque se aprende o que podes facer cos avós.
Christian Fernández Blanco
xoves, 14 de maio de 2015
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A.
VIDA
1906 – 1935: MOCIDADE, FORMACIÓN E GALEGUISMO POLÍTICO
- Nace en Pontevedra, o 28 de outubro de 1906, nunha casa situada na praza do Peirao. Fillo de José María Filgueira Martínez e María Araceli Valverde Yaquero.
- Comeza o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra.
- Estuda simultaneamente as carreiras de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
- Participa no proceso fundacional do Seminario de Estudos Galegos onde pon en marcha a Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia.
- É nomeado correspondente da Real Academia Galega e secretario do Padroado fundacional do Museo de Pontevedra.
- Inicia a súa actividade política en Labor Galeguista e, na Asemblea Constituínte de Partido Galeguista, é nomeado secretario técnico desta formación.
- Rompe co Partido Galeguista e incorpórase a Dereita Galeguista.
- Imparte na Universidade de Santiago o primeiro curso de Literatura Galega.
- Gaña por oposición a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto “Balmes” de Barcelona. Máis tarde trasládase a Melilla e acaba impartindo docencia en Lugo.
1936
– 1975: MADUREZ E COLABORACIÓN CO FRANQUISMO
- Casa en Lugo con María Teresa Iglesias de Oscáriz. Este matrimonio vai ter cinco fillos: Araceli, Fernando, María Teresa, María del Pilar e Angelines.
- Trasládase ao Instituto de Pontevedra.
- Noméano membro numerario da Real Academia Galega.
- Intervén na creación do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.
- Elíxeno correspondente da Real Academia Española e, máis tarde, director do Museo de Pontevedra
- É alcalde de Pontevedra entre os anos 1959 e 1968.
- Participa en Burgos nos actos conmemorativos do XXV aniversario da exaltación de Francisco Franco á Xefatura do Estado.
- Intervén nas Cortes nas discusións sobre a lei de compilación do Dereito Civil Foral de Galicia.
- É elixido procurador en Cortes polo terzo de representación familiar.
- Participa no proceso de creación, no seo da Universidade de Santiago, do Instituto da Lingua Galega.
- Imparte cursos e dá conferencias sobre literatura galega.
- Recibe varias condecoracións: “Cruz de Alfonso X el Sabio” ao mérito docente, Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort e o “Pedrón de Ouro”.
1976 – 1996: XUBILACIÓN E
RÉXIME DEMOCRÁTICO
- Xubílase como catedrático de instituto.
- Participa na fundación do Museo do Pobo Galego.
- É nomeado Conselleiro, adxunto á Presidencia da Xunta de Galicia para a Cultura, no primeiro goberno autonómico galego, presidido por Xerardo Fernández Albor.
- Elabórase a Lei do Consello da Cultura Galega, do que chegará a ser presidente anos máis tarde.
- Participa na creación de varias fundacións: Alfredo Brañas, Filgueira Valverde, Castelao e Alexandre Bóveda.
- Recibe o premio “Trasalba” e é nomeado “Doutor Honoris Causa” polas universidades de Santiago e Vigo.
- Falece o 13 de setembro do ano 1996.
B.
OBRA EN GALEGO
Narrativa
-
Os nenos (1925), ilustrado por L. Pintos e
cuberta e contracuberta de Castelao.
-
O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito (1927), con portada de Camilo Díaz.
-
Quintana viva (1971).
Poesía
-
6 canciones de mar “in modo antico” (1941).
Literatura infantil e xuvenil
-
Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinada co
pseudónimo J. Acuña.
Articulista
-
Adral. Nesta serie, editada entre 1979 e 1996,
recóllense todas as colaboracións publicadas en distintos medios ao longo da
súa vida.
Ensaio
-
O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea (1930).
-
Lago González. Arcebispo galego (1934).
-
Da épica na Galicia medieval, discurso de
ingreso na RAG (1941).
-
A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980)
-
Historias de Compostela (1982).
-
O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988).
-
Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G.
Vicente (1989).
-
Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992.
-
Arredor do libro: artigos de bibliografía
(1996)
Dicionarios
-
Vocabulario popular galego-castelán (1926).
Edicións
-
Cancioneiriño novo de Compostela (1969),
Pombal, Edicións Castrelos, Vigo.
-
Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas
(1980), Real Academia Galega.
-
Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984,
Real Academia Galega.
-
Enrique Campo (1989), Deputación de
Pontevedra.
-
Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real
Academia Galega.
-
Antoloxía do conto galego de medo (1996),
Galaxia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
