martes, 26 de abril de 2022

Xuntanza de febreiro: A FAMILIA


Boas a tod@s!

Tardamos un pouco en chegar pero chegamos! 

O 23 de febreiro reunímonos unha vez máis para falar de grandes lecturas, esta vez baixo o tema da familia. Esta cita tivo lugar na semana do Entroido e dado que en Navia nos tomamos moi en serio os mandados do Meco, poderedes apreciar uns grandísimos estilismos nas fotos 😂. Aquí podedes ver o Padlet coas nosas fasntásticas lecturas.























xoves, 21 de abril de 2022

Blog "Mulleres Históricas". A historia en feminino 💜

Facemos unha paréntese no noso Blog do Club para facer unha recomendación moi especia: o blog Mulleres Históricas, que chega da man da nosa compañeira Laura, profesora de xeografía e historia xunto co alumnado de 4º da ESO. Nel aparecen unha seie de mulleres que deixaron pegada na historia. Algunha idea de quen pode aparecer..?

Botádelle un ollo porque engancha! E mesmo podedes levar unha sorpresa 😉

Vémonos na rede!!



martes, 8 de marzo de 2022

8M en Navia de Suarna

Esta semana estamos realizando a ruta violeta dos QR polo centro. Seguro que aprenderemos un montón sobre todas estas mulleres marabillosas que moitas veces foron esquecidas pola historia ou infravaloradas.


Para rematar esta semana polo alto imos realizar xogos e demostrar canto aprendemos.

Nos seguintes enlaces podemos atopar varias actividades relacionadas co 8M realizadas polas profesoras: Rosalía, Elvira e Isa.  Gozade e aprendede! É unha boa ocasión para investigar as cousas que non sabemos!

 

Isabel Zendal sónache? Pois tes un kahoot que che vai axudar a coñecela!

 

Concepción Arenal era... Aquí tes o seu kahoot para demostrar que a coñeces!


E para demostrar que o 8M non ten secretos para ti tes tres opcións máis! 

un wordwall, un kahoot ou un genially

con cal te animas?


 


martes, 1 de febreiro de 2022

Tempo de Thriller...

Unha vez máis reunímonos na aula do club de lectura para celebrar a nosa segunda reunión baixo a temática “Thriller”. As propostas foron moi variadas, tal e como se pode apreciar no noso fantástico Padlet de Thriller.

Teño que dicir que xa se aprecia unha soltura e comodidade nos participantes con respecto da primeira xuntanza; todos sabemos que non é doado falar diante dun público, aínda que ese público sexan compañeir@s  de clase e profesor@s, pero “practice makes perfect”, e pasado o susto inicial, todos fixemos achegas da temática mesturadas coas valoracións e coas correspondentes recomendacións.

Fixemos un interesantísimo percorrido polo mundo, dende as montañas luguesas con Pel de lobo ata Bartonville, unha vila rural en Illinois con La hermana ausente, facendo innumerables escalas, eso si. Non deixes de revisar o noso Padlet para viaxar connosco!!

Por último, solo me queda recordar o tema da próxima reunión: A FAMILIA, que terá lugar o mércores 23 de febreiro.

Deica logo!!

























mércores, 26 de xaneiro de 2022

Actividade de escritura libre do Club Follas Bravas coa autora Ana Meilán

Para rematar o trimestre, visitounos a nosa serea particular: Ana Meilán. Da súa man somerxémonos nas augas do seu libro: O que a serea esqueceu. E así navegamos ata o escuro mundo do Alzeimer. Esa enfermidade que nos rouba os nosos bens máis prezado: os nosos recordos, o noso pasado, os nosos intres, a nosa identidade...
Con ela percorremos ese océano inmenso da memoria e nesas inmersións fomos quen de verbalizar os nosos QUEROS e os nosos fermosos recordos: un arrecendo, un sorriso, un aloumiño, un quérote, unha aperta, un beixo...
E todos eses recordos repousan para sempre na terra que nos viu nacer, en Navia, á espera da chegada do peixe anano, verde e choutador que, sen dúbida, sairá vencido desta lea.

GRAZAS ALUMNADO polos vosos ilusionados QUEROS que cumpriredes, sen dúbida, na vosa singradura.
GRAZAS ANA e que a memoria te acompañe sempre.