REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA (XANEIRO)
1º CICLO ESO
EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA, Jordi Sierra i Fabra
ACTIVIDADES
Amais dos comentarios e análises sobre o contido do libro, o alumnado presente nesta reunión do club de lectura tamén realizou as seguintes actividades:
- ORDENAR CRONOLOXICAMENTE
O alumnado ten que ordenar cronoloxicamente dez fragmentos desordenados que se corresponden con outras tantas partes da novela lida.
- SOPA DE LETRAS
Nesta sopa de letras hai que localizar o nome de dezaseis autores/as de obras que figuran nos títulos de cada un dos capítulos de El asesinato de la profesora de lengua.
- RELACIONAR
Nesta actividade hai que relacionar títulos de obras da literatura universal citados na novela de Jordi Sierra i Fabra co autor das mesmas.
OPINAMOS
O libro gustoume moito, paréceme moi
entretido. Aos rapaces e rapazas que teñan máis de 12 anos, recoméndolles esta
lectura porque aprendes moitas cousas relacionadas coa literatura dunha forma
divertida.
Christian
Fernández
Gustoume o libro d’El asesinato de la profesora de lengua porque é entretido e fácil
de ler. Aos mozos e mozas que lles guste ler seguro que lles vai encantar esta
novela.
En xeral, gustáronme todos os personaxes, pero
o de Soledad pareceume especialmente interesante polo enfado que ten cos seus
alumnos e polas probas ás que os somete.
Álvaro
Fernández Lorido
O libro El
asesinato de la profesora de lengua pareceume moi interesante. A historia
que conta faite reflexionar sobre a actitude negativa dos alumnos sobre algunha
materia e de como se pode cambiar iso.
Recomendaríalle este libro a todos os rapaces
e rapazas que lles guste ler.
Ilyasse
Lefsahi
