mércores, 29 de outubro de 2014


"O escritor só comeza a escribir o libro. O lector remátao"
Johan Wolfgang von Goethe




BENVIDOS/AS AO CLUB DE LECTURA
FOLLAS BRAVAS



No presente curso escolar comeza a súa andada o club de lectura do CPI de Navia de Suarna. Desde este apracible concello, no raiante de Galicia, pretendemos botar a semente na nosa mocidade para que xermole neles o amor pola lectura, polos libros. Estes marabillosos colegas van estar eternamente connosco, aínda que non sempre lles prestemos a atención que merecen. Con eles imos pensar, rir, chorar, viaxar, namorarnos... emocionarnos. Neles sempre encontraremos a resposta a todas as nosas incertezas.

Grazas á lectura, dende este pequeno recuncho da montaña luguesa navegaremos polo río das palabras que nos dá a vida; atravesaremos o cordal da impericia, da barbarie, do escurantismo, da rudeza e do esquecemento, e así, achegarémonos á beira do inmenso océano de historias propias e alleas.





LECTURAS PARA O MES DE NOVEMBRO


1º CICLO DA ESO:


http://megatoxos.blogspot.com.es/ 
 Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...



2º CICLO DA ESO:


Eliximos esta obra para inaugurar o club de lectura porque o seu contido está moi próximo á forma de vida que tiñan as xentes desta comarca até a chegada da segunda metade do século XX. De seguro que as familias do noso alumnado poden relatar historias tan marabillosas como as que aparecen reflectidas neste libro.

Á lus do candil é unha colección de 15 relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Como os contos narrados ao carón da lareira, as historias de Fole teñen frescura e espontaneidade grazas á súa lixeireza. É a descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, dos misterios que xorden da vida cotiá, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos...



  • "OS LOBOS". Vídeo que recrea o conto de Ánxel Fole (incluído en Á lus do candil).




OUTROS VÍDEOS QUE RECREAN CONTOS DE MEDO

  • "O SUSO". Este relato pertence ao libro O crepúsculo e as formigas, de Méndez Ferrín


  • "EL GATO NEGRO". Curtametraxe baseada no conto do mesmo título de Edgar Allan Poe




 Se che gustou este conto, preme aquí e poderás ver máis relatos de Edgar Allan Poe.


  • "SOBRE A MORTE DO BIEITO". Curtametraxe baseada no relato homónimo incluído na obra Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.
          Preme aquí para ver este vídeo.




QUERES LER CONTOS  DE MEDO E TERROR DA LITERATURA UNIVERSAL? Entra aquí.




RECOMENDACIÓNS PARA O SAMAÍN


LIBROS DE MEDO PARA LER ESTA SEMANA


Premendo aquí poderedes encontrar novas lecturas que teñen o medo como tema central.



OS MEDOS NO CINEMA


a) Medo nas aulas: acoso escolar
  • Cobardes, dirixida por José Corbacho e Juan Cruz

b) Medo psicolóxico: pesadelos

c) Medos interiores: soedade, morte, liberdade, escuridade

d) Medos sociais: terrorismo, mafias, violencia de xénero, medo do inmigrante e medo ao  inmigrante

e) Medos infantís