xoves, 18 de xuño de 2015






ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA FOLLAS BRAVAS DO CURSO 2014-2015





VALORACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA









VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DOS LIBROS QUE MÁIS 
GUSTARON

LECTURAS QUE MÁIS GUSTARON 

1º CICLO DA ESO

  1. CHAMÁDEME SIMBAD,  de Francisco Castro
  2. O VELENO DA RISA, de Jaureguizar
  3. OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA, de Anxo Fariña
  4. E XOEL APRENDEU A VOAR, de Marica Campo
  5. EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA,  de Jordi Sierra i Fabra

 2º CICLO DA ESO

  1. REBELDES, de Susan E. Hinton
  2. REO,  de Xesús Fraga
  3. Á LUS DO CANDIL, de Ánxel Fole
  4. A PRAIA DOS AFOGADOS,  de Domingo Villar
  5. CONFUSIÓN E MORTE DE MARÍA BALTEIRA,  de Marica Campo

venres, 12 de xuño de 2015

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA (XUÑO)

2º CICLO ESO

A PRAIA DOS AFOGADOS, de Domingo Villar


ACTIVIDADES
 
Comentarios e análises sobre o contido do libro de lectura.


  • RELACIONAR

Hai que relacionar personaxes da novela cos trazos ou características que os identifican.

  • ORDENAR CRONOLOXICAMENTE

Nesta actividade hai que ordenar de forma cronolóxica unha serie de acontecementos que teñen lugar nesta obra.

  • LOCALIZAR

Sobre un mapa da Galicia atlántica, o alumnado ten que situar as localidades polas que se moven os protagonistas da novela, contando o que sucede en cada unha delas.


OPINAMOS 
    
Este libro gustoume por como mestura a intriga, o misterio e un chisco de humor. Do mesmo modo, tamén me agradou a forma en que fai que teñas as túas conxecturas e como, de súpeto, a persoa sospeitosa deixa de selo, o que te obriga a seguir coa intriga da lectura. A parte que me gustou especialmente foi o final do libro porque cada vez estabas máis preto de saber quen fora o asasino. Pola contra, non gocei moito no capítulo en que navega con Trabazo. O autor debería desenvolver un pouco máis algúns aspectos que teñen que ver coa vila para saber algo máis dos seus habitantes. Polo demais coido que todas as partes da novela son imprescindibles para a comprensión da mesma. En canto aos personaxes, gustaríame que o autor desenvolvese un pouco máis a figura de Rafael Estévez, xa que ten unha personalidade e un carácter moi particular. 
Recomendaría este libro a outras persoas porque, dende o meu punto de vista, é entretido e engancha dende a primeira páxina ata a última, e tamén por ese valor que lle dá ás liortas entre veciños que todos coñecemos. 
Aínda que xa lin deste autor outra novela titulada Ollos de auga, non me importa ler máis obras súas.
Ana María Gómez Sánchez

martes, 9 de xuño de 2015

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA (XUÑO)

1º CICLO ESO

CHAMÁDEME SIMBAD,  de Francisco Castro

ACTIVIDADES 

Comentarios e análises sobre o contido do libro de lectura. 
  • SOPA DE LETRAS
          Nesta actividade hai que localizar o nome dos personaxes que aparecen na novela.
  • ORDENAR DE FORMA CRONOLÓXICA
          Hai que ordenar cronoloxicamente dez pequenos fragmentos desta obra.  



OPINAMOS


O libro non me gustou moito porque, ademais de curto, pareceume unha lectura moi sinxela, seguramente lle guste a xente máis nova. cambiaría bastantes cousas do libro, pero, sobre todo, alongaría a historia.
María Jesús Gómez Sánchez 


Este libro gusotume moito porque fala do alzhéimer e dá a coñecer esta enfermidade. agradoume especialmente a parte na que se reencontran Paulo e o seu avó.
Miguel Delpueblo López 


O libro gustoume desde os primeiros capítulos, cando o pai sempre está ao teléfono e o seu fillo lle di que xa ten a orella vermella de tanto falar. Ademais, no libro fálase da relación que manteñen Paulo e o seu avó enfermo de alzhéimer.   
Álvaro Fernández Lorido 


Gustoume moito este libro. A pesar de que trata dunha enfermidade moi complicada, hai partes que resultan divertidas. 
Ilyasse Lefsahi 


Pareceume un libro interesante e recomendable porque se aprende o que podes facer cos avós.
                                                                                                                  Christian Fernández Blanco