sábado, 11 de decembro de 2021

Chegaron as maletas de banda deseñada

Chegaron as maletas de banda deseñada xusto a tempo de poder gozalas este nadal! A nosa querida asesora Chelo veu nada menos e nada máis desde Ferrol, loitando contra o temporal do martes para que poidamos ter este tesouro con nós. Temos unha maleta de primaria e outra de secundaria. A banda deseñada, o último dos xéneros ou novena arte como a chaman algúns, ten unha historia moi curta no noso país. Seguro que despois de mergullarse nalgunha destas historias, conseguimos enganchar ao noso alumnado.


Padelt de novembro/decembro

Finalmente o club de novembro pasa a ser tamén o de decembro. Un tema tan amplo e complicado como é a muller necesita do seu tempo. 

Velaquí algunhas das aportacións do Padlet 




 

Palabras maiores

Este martes, 7 de decembro, a pesar do temporal, pasamos un día moi emotivo rodeado de xente naviega chea de boas vibracións. Grazas Manuel e Ana Cadenas Pérez por achegarnos un anaquiño de historia e moitas lembranzas que seguro non esqueceremos. Grazas as voluntarias da biblioteca que montaron unha cafetería con ambiente de nadal para os nosos maiores e axudaron a servirlles un pequeno almorzo. E finalmente un super GRAZAS a Pepín, Rosario, Don Fernando, Gloria, Celia, Olimpia e Petronila. Grazas por subir esas escaleiras que non paran nunca, grazas por mirar con amor o colexio e descubrir as aulas de hoxe con mirada de nenas e nenos, grazas por compartir o voso amor as nenas e nenos e rebuscar historias esquecidas, algunhas agradables e outras non tanto. Grazas por permitir coñecervos un pouquiño. Moita sorte ten Navia de ter uns maiores tan encantadores.