sábado, 11 de decembro de 2021

Palabras maiores

Este martes, 7 de decembro, a pesar do temporal, pasamos un día moi emotivo rodeado de xente naviega chea de boas vibracións. Grazas Manuel e Ana Cadenas Pérez por achegarnos un anaquiño de historia e moitas lembranzas que seguro non esqueceremos. Grazas as voluntarias da biblioteca que montaron unha cafetería con ambiente de nadal para os nosos maiores e axudaron a servirlles un pequeno almorzo. E finalmente un super GRAZAS a Pepín, Rosario, Don Fernando, Gloria, Celia, Olimpia e Petronila. Grazas por subir esas escaleiras que non paran nunca, grazas por mirar con amor o colexio e descubrir as aulas de hoxe con mirada de nenas e nenos, grazas por compartir o voso amor as nenas e nenos e rebuscar historias esquecidas, algunhas agradables e outras non tanto. Grazas por permitir coñecervos un pouquiño. Moita sorte ten Navia de ter uns maiores tan encantadores.