xoves, 18 de decembro de 2014

mércores, 10 de decembro de 2014


CINEMA E LITERATURA


Como o alumnado de 2º ciclo da ESO ten que ler para o mes de xaneiro a novela de Susan E. Hinton titulada Rebeldes, imos aproveitar para ver a película baseada na obra desta autora, dirixida por Francis Ford Coppola.



http://www.filmaffinity.com/es/film887231.html
Francis Ford Coppola





Ponyboy Curtis é un adolescente orfo que pertence á banda dos Graxentos. Os seus dous irmáns e todos os seus amigos forman parte da banda. Controlan o seu territorio e á banda rival, os Dandis. Unha noite, como resultado dunha pelexa, un dos Dandis morre acoitelado. Ponyboy e o seu amigo Johnny deciden fuxir.









Aquí tedes a película completa


martes, 9 de decembro de 2014


CINEMA E VIOLENCIA DE XÉNERO


Entre as diversas actividades que se están a realizar no centro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, imos ver neste mes de decembro unha película que trata esta problemática. A elección non foi fácil, xa que houbo que buscar unha que non violentase a sensibilidade dos rapaces e rapazas -estamos a falar de xente menor de dezaseis anos-. De todas as opcións, cremos que un dos filmes que mellor explica a praga que están a padecer moitas mulleres é o que dirixiu Icíar Bollaín o ano 2003 e que leva por título Te doy mis ojos.



http://www.filmaffinity.com/es/film942734.html


Pilar foxe en plena noite da súa casa, situada nun barrio periférico e residencial de Toledo; leva consigo o seu fillo duns oito anos. Na súa fuxida busca refuxio na casa da súa irmá, unha restauradora de arte que leva unha vida independente ao lado da súa parella escocesa, ambos os dous residen na parte vella e histórica de Toledo.

Pilar é unha vítima máis dos malos tratos conxugais, que intenta refacer a súa vida e empeza a traballar como caixeira de visitas turísticas na igrexa que alberga o cadro El entierro del Conde de Orgaz. A través do seu novo traballo comeza a relacionarse con outras mulleres. Antonio, o seu marido, emprende a súa busca e a súa recuperación, promete cambiar e busca axuda nun psicólogo. Pilar dálle outra oportunidade, coa oposición da súa irmá, que é incapaz de entender a súa actitude.

A pesar dos esforzos de Antonio por seguir os consellos da terapia, a súa personalidade violenta e inseguridades pódenlle e remata espindo e humillando publicamente nun balcón a súa muller.

A película remata cun final aberto no que Piar, escoltada polas súas compañeiras de traballo, recolle as súas cousas do domicilio para emprender unha nova vida, mentres Antonio mira pensativo.

luns, 8 de decembro de 2014

LECTURAS PARA XANEIRO:



 1º CICLO ESO:


http://www.sierraifabra.com/EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA 


Soledad, a profesora de lingua, está farta de que os seus alumnos non se esforcen na clase. A súa desesperación chegou ao límite, e dálles unha importante noticia: antes de rematar o día, asasinará a un deles, se non a conseguen deter antes. Gaspar e Tasio, coa axuda de Ana, Matilde e Xulio conseguirano, descifrando toda clase de enigmas.
Neste libro ti tamén poderás descifrar moitas adiviñas e enigmas.






  CICLO ESO:


http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/biblioteca/reportajes/portada-rebeldes_grande.jpgREBELDES - Susan E. Hinton



As pelexas na rúa entre bandas rivais desencadean tal violencia, que moitas rematan de forma tráxica. Os conflitos familiares, a marxinación, a ausencia de futuro... levan algúns mozos a buscar na rúa e no grupo o que non encontran na casa. Pero sempre queda un fulgor de esperanza. Francis Ford Coppola levou ao cine esta novela que describe a dura realidade na que se moven os adolescentes nos suburbios das grandes cidades.







Podedes ver a película completa premendo aquí