martes, 1 de febreiro de 2022

Tempo de Thriller...

Unha vez máis reunímonos na aula do club de lectura para celebrar a nosa segunda reunión baixo a temática “Thriller”. As propostas foron moi variadas, tal e como se pode apreciar no noso fantástico Padlet de Thriller.

Teño que dicir que xa se aprecia unha soltura e comodidade nos participantes con respecto da primeira xuntanza; todos sabemos que non é doado falar diante dun público, aínda que ese público sexan compañeir@s  de clase e profesor@s, pero “practice makes perfect”, e pasado o susto inicial, todos fixemos achegas da temática mesturadas coas valoracións e coas correspondentes recomendacións.

Fixemos un interesantísimo percorrido polo mundo, dende as montañas luguesas con Pel de lobo ata Bartonville, unha vila rural en Illinois con La hermana ausente, facendo innumerables escalas, eso si. Non deixes de revisar o noso Padlet para viaxar connosco!!

Por último, solo me queda recordar o tema da próxima reunión: A FAMILIA, que terá lugar o mércores 23 de febreiro.

Deica logo!!