sábado, 23 de outubro de 2021

Bibliotecas escolares de galicia

Este ano o lema das bibliotecas escolares está claro: as bibliotecas teñen a palabra!
 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos." 

Así que vamos a procurar ler, aprender e descubrir en cada unha das nosas actividades ! 
 
Esta semana realizaremos un xogo de investigación sobre as autoras, aproveitando que fai uns día foi o día das autoras. Xa iremos contando...